miércoles, 6 de febrero de 2013

FUNDACIÓN BARRIÉ – BOLSAS DE POSGRAO NO ESTRANXEIRO

Bolsas de Posgrao no estranxeiro convocadas pola Fundación Barrié. Estas bolsas ofrécense para a realización de programas de máster e estancias de investigación predoutoral ou posdoutoral en centros académicos internacionais.

FUNDACIÓN BARRIÉ – BOLSAS DE POSGRAO NO ESTRANXEIRO 2013
Aberto o prazo de inscrición do 28 de xaneiro ao 31 de marzo de 2013
 

Así mesmo, informámoste de que a Fundación Barrié realizará unha sesión informativa en Santiago e outra en Lugo nas que poderás obter unha maior información acerca destas bolsas.
Santiago de Compostela
Data: 12/02/2013
Lugar: Facultade de Dereito (Salón de Actos)
Hora: 11.00 h
 
Lugo
Data: 27/02/2013
Lugar: Escola Politécnica Superior (Salón de Actos)
Hora: 11.00 h
 
Se estás interesado/a en asistir a algunha destas sesións informativas debes confirmar a túa asistencia en:
 
 
Calquera dúbida con respecto ás bolsas ou as sesións informativas debes consultalas coa propia Fundación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario